Galicia Film Commission, unha plataforma para consolidar a comunidade como un estudio de cinema

A web contará cun buscador de localizacións, un banco de emprego e unha guía de recursos

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 20/03/2023 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Xunta presentou este luns ao sector audiovisual e turístico a plataforma Galicia Film Commission, que pretende facilitar que se elixa Galicia para rodaxes audiovisuais e "ofrecer boas condicións" para iso.

Segundo detallou a coordinadora de audiovisual de Agadic, Dolores Meijomín, Galicia Film Commission pivotará sobre distintos puntos, entre eles, as localizacións "únicas e espectaculares que posúe Galicia", os seus espazos "singulares", así como as infraestruturas.

Rodaxe da serie 'Rapa'. PORTOCABO/MOVISTAR+ / Europa Press
Rodaxe da serie 'Rapa'. PORTOCABO/MOVISTAR+ / Europa Press

Ademais, destacou as "vantaxes económicas" da comunidade, como axudas directas ao gasto e axudas anuais a desenvolvemento ou produción, que "seguen sendo un instrumento fundamental".

WEB ACTIVA EN NOVEMBRO

Ademais, a representante de Agadic trasladou que a plataforma dixital atópase nestes momentos en construción e a súa posta en marcha prevese para novembro de 2023.

En detalle, explicou que a web contará con "deseño e tecnoloxías innovadoras" que permitirá unha interacción directa dos usuarios, así como realizar xestións "moi avanzadas". Entre outras cousas, contará cun buscador de localizacións, un banco de emprego, formularios ou permisos para rodaxes. Así mesmo, terá tamén un apartado de rutas turísticas e unha guía de recursos, como transportes ou hostalaría. 

"NEGOCIO E CULTURA"

En representación do sector audiovisual, tomou a palabra o vicepresidente do Cluster Audiovisual Galego, Miguel Conde, que destacou que esta plataforma achega "as credenciais para ser o lugar onde pasan as cousas", xa que "aglutina negocio e cultura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta