O BNG de Rois esixe a "inmediata actuación" na AC-543, afectada por unha fochanca de grandes dimensións

Reclama ao alcalde que "esixa á Xunta investimentos para a urxente mellora da estrada"

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 25/03/2023 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O BNG de Rois esixiu ás autoridades a "inmediata actuación" sobre a fochanca de grandes dimensións que obrigou a cortar a estrada AC-543 ao seu paso por Urdilde, así como unha "ampla actuación" na vía que revise "os seus problemas de mantemento e seguridade".

Un conductor sinaliza o enorme buraco que apareceu no medio da estrada Santiago - Noia
Un conductor sinaliza o enorme buraco que apareceu no medio da estrada Santiago - Noia | Fonte: GC

A concelleira nacionalista Begoña Ares reclamou ao alcalde de Rois que "asuma a responsabilidade política e esixa á Xunta investimentos para a urxente mellora da estrada, como teñen os concellos de Lousame e Brión".

A portavoz municipal e candidata do BNG de Rois denunciou o "lamentable estado deste tramo", que "pon en perigo" a seguridade da circulación, e lembrou que o BNG levou xa ao Parlamento galego unha iniciativa pola que esixe que se realicen as inspeccións pertinentes e os investimentos necesarios para asegurar o mantemento e a mellora da estrada.

"O BNG actúa con dilixencia nesta situación urxente fronte ao deixamento do alcalde que, cunha evidente falta de responsabilidade política, esquece esixir os investimentos necesarios para asegurar as condicións adecuadas nunha estrada que comunica Rois con Santiago e Noia e é vital para os veciños", sinala Begoña Ares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta