A Xunta reivindica a Feira Magreco como "o escaparate por excelencia" das novidades industriais do sector

O conselleiro de Medio Rural, José González, afirmou que é "o mellor espazo para intercambiar experiencias"

Por E.P. | A Coruña | 25/03/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou este sábado na inauguración da Feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxigos (Magreco) de Boimorto, que destacou como "o escaparate por excelencia" das novidades industriais do sector primario.

Segundo trasladou a Xunta, o titular de Medio Rural afirmou que é "o mellor espazo para intercambiar experiencias, impresións e coñecementos sobre asuntos de interese para a mellora das explotacións agropecuarias e forestais".

Así mesmo, o conselleiro sinalou que esta feira comparte un dos obxectivos marcados polo Goberno galego que, tal e como explicou, "pasa por avanzar na mellora constante do rural galego en xeral e das explotacións en particular".

Neste sentido, asegurou que a finalidade é conseguir un rural "vivo, competitivo e innovador, sempre á vangarda dos últimos avances tecnolóxicos que permitan mellorar a calidade de vida dos habitantes e traballadores do rural".

O conselleiro do Medio Rural, José González, na Feira Magreco, en Boimorto
O conselleiro do Medio Rural, José González, na Feira Magreco, en Boimorto | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta