Galicia xerará máis de 5.000 contratos en Semana Santa pero non recupera os niveis prepandemia

A cifra deste ano supón un incremento do 12% con respecto a 2022. Pontevedra e A Coruña rexistran os maiores incrementos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/03/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A empresa de recursos humanos Randstad vén de publicar as previsións de contratación de cara á vindeira campaña de Semana Santa, para a que sinala que Galicia xerará 5.040 contratos, un 12,4% máis que o ano pasado pero un 23% menos que os niveis previos á pandemia. Por exemplo, no 2019 firmáronse 6.583 contratos. 

Traballadores nun bar
Traballadores nun bar | Fonte: Arquivo

A nivel provincial, Pontevedra e A Coruña serán as provincias con máis contratos firmados, con 2.380 e 1.890 respectivamente. Estarán seguidas por Lugo con 490 e Ourense con 280. Así, con respecto á anterior campaña, os maiores incrementos tamén se producen en A Coruña, cun 14,6% e Pontevedra, cun 12,1%, por diante de Ourense cun 7,9% e Lugo cun 7,7%. 

Así, Galicia xerará o 5,9% de todos os contratos que se asinarán por Semana Santa en España. No conxunto do país, Randstad pronostica que a Semana Santa xerará arredor de 84.750 contratos, un 17% máis que o ano pasado. Un volumen que tamén é inferior aos niveis do 2019, antes da chegada da pandemia, e con 116.115 contratos. 

Para levar a cabo esta análise tívose en conta datos dos sectores de transporte de viaxeiros, hostalaría e entretemento, que son os que tradicionalmente impulsan a incorporación de profesionais durante este período. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta