A Deputación da Coruña promoverá unha rede de residencias públicas comarcais para maiores

Será cun plan piloto que incluirá tres nas localidades de Rianxo, Ordes e As Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2023 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña anunciou a posta en marcha dun plan piloto para crear unha rede de residencias públicas para maiores de ámbito comarcal. O mesmo comezará con tres nos concellos de Rianxo, Ordes e As Pontes.

Así o manifestaron o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira, nunha comparecencia na que destacaron que o obxectivo é cubrir as necesidades dos maiores na "súa contorna".

Ambos insistiron en que se trata dun modelo residencial comarcal "alternativo ás residencias de maiores que son un colector inmenso de persoas, un modelo máis humano e acorde coa filosofía de que deben residir no seu territorio". Formoso explicou que a iniciativa arrincará cunha capacidade de 50 prazas dispoñibles en cada centro "para testar se o modelo é o adecuado".

CARÁCTER PÚBLICO

A "gran esencia" deste proxecto, segundo recalcou, é que "a postos clave e sobre todo a dirección van ser de carácter público". "Poderá externalizar servizos auxiliares pero os esenciais serán públicos", puntualizou.

O presidente provincial sinalou tamén a filosofía de "consenso" deste plan que foi "consultado coa Consellería de Política Social". No acordo asinado cos municipios onde están situados os centros, engadiu, figuran "obrigacións por ambas as partes".

"Os concellos obríganse a pór a disposición da administración os terreos necesarios para a construción da residencia e redactar os proxectos aínda que con financiamento provincial", especificou. "Quédanos por definir a colaboración administrativa coa Xunta e os concellos".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, presentan o plan para impulsar residencias para maiores na provincia
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, presentan o plan para impulsar residencias para maiores na provincia | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta