O porco celta está de moda

As explotacións desta especie galega, que estivo ao borde da extinción, aumentaron un 109 % na última década.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/02/2015 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Galicia comeza a ser unha potencia en porco celta que estivo ao borde da extinción. As explotacións deste animal aumentaron en un 109% na última década, ao pasar de 155 en 2005 a 325 en 2014.

Porcos celtas en liberdade
Porcos celtas en liberdade | Fonte: porcocelta.com

Paralelamente as exportacións, aumentou o seu número nunha porcentaxe similar, do 110 %. En canto aos individuos desta raza, pasaron no período sinalado de 1.954 exemplares a 4.223, con aumentos do 54,5 % de femias e 67,8 % de machos.

Son datos do  certame internacional de Galicia CIMAG-GranAgro 2015, que se celebrará en Silleda (Pontevedra) do 19 ao 21 deste mes.  Ademais desta raza, neste certame estarán presentes todas as restantes autóctonas galegas en perigo de extinción, nunha exposición que contará co apoio dos fondos Feader. 

Porco celta
Porco celta | Fonte: paulapez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Castrato

Celtas? No serán "porcos castrexos"?

3 simples

o porco celta, e a Galiza ceibe

2 Marrano Ibérico

Menos mal. No me extraña que los gallegos estén hasta los coj... de puercos carpetovetónicos.

1 Porco celta

OK, de acuerdo que el número total de cerdos celtas, pero creo que casi el 100 % son machos, por lo general castrados y ruidosos. La cabaña portuguesa también está creciendo últimamente, habrá unos 200 ó 300, e xa chega, pero son cerdos aborregados, muy pesados, de gruñido gangoso, exceso de sebo y porcos-porcos.

1 Quino R acionalista

Porco, você passou três aldeias com grunhidos gangosos. Oign, oign