Un home queda ferido por quedarlle a perna atrapada baixo a roda dun tractor no Pino

Até o lugar acudiron efectivos de Garda Civil e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa, para liberar ao ferido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2023 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido este martes tras quedarlle a perna atrapada baixo a roda dun tractor, no municipio coruñés do Pino, segundo informou o 112 Galicia. A alerta foi recibida sobre as 12,00 horas, cando o CIAE 112-Galicia tivo coñecemento dun accidente no lugar de Santo Antón, onde un home tiña unha perna atrapado baixo a roda dun tractor, que estaba no baixo dunha vivenda e que se moveu alcanzando ao home.

Ata o lugar acudiron efectivos de Garda Civil e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa, para liberar ao ferido, e o 112 requiriu a intervención do 061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Por outra banda, o 112 Galicia tamén informou doutro accidente, neste caso ocorrido nunha leira do lugar de Piñeiro, no municipio do Vicedo. Unha chamada particular alertou sobre as 11,30 horas de que un mozo se feriu nunha man mentres utilizaba un cortacéspede, e desde o CIAE solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou unha ambulancia, así como de Garda Civil e Protección Civil do Vicedo.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta