Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2023 | Actualizada ás 18:57
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, lamentou que o Goberno central vexa ás comunidades autónomas como "meros instrumentos de execución" dos fondos europeos Next Generation.
Así respondeu o titular de Facenda no Goberno autonómico a unha interpelación da deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo, quen acusou á Xunta de escudarse na "confrontación" para "tapar" a súa "nefasta xestión" dos fondos de recuperación.
"O que debería ser un plan de país é un plan de Goberno", aseverou Corgos na súa resposta á parlamentaria socialista, fronte á que asegurou que o Executivo central "só" convocou "nunha ocasión" a comisión creada para coordinar a distribución dos fondos do plan de resiliencia e recuperación.
Para Corgos, este feito é mostra da "falta" de interese por parte do Goberno de Pedro Sánchez á hora de facilitar a "cogobernanza" duns fondos que, segundo incidiu, presentan "fallos" no seu deseño.
Neste sentido, apuntou que as comunidades deberán "asumir custos" que "non están financiados en ningures" polo desenvolvemento de convocatorias contempladas neste plan, do que tamén botou en falta a existencia de "escenarios plurianuais". Así pois, defendeu que a Xunta "mobiliza todos os recursos que recibe" por parte do Estado en materia do plan de recuperación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.