Por Europa Press / Redacción | MADRID | 13/04/2023 | Actualizada ás 08:53
Unha decena de comunidades autónomas terán este xoves avisos por risco (amarelo) ou risco importante (laranxa) de vento, nevadas ou fenómenos costeiros, motivados pola borrasca Noa, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) que espera precipitacións no terzo norte e un descenso térmico notable en boa parte da xeografía excepto na zona mediterránea, onde mesmo subirán.
As nevadas deixarán máis de cinco centímetros de neve a partir de 1.00 metros nas provincias de Huesca, LLeida e Navarra, que terán aviso amarelo. Pola súa banda, os fenómenos costeiros motivarán o aviso amarelo en Pontevedra, A Coruña, Lugo, Asturias, Almería, Granada, e nas illas de Baleares.
Ademais, no extremo norte peninsular tamén se esperan ceos nubrados, con choivas e chuvascos ocasionais, que se irán desprazando de oeste a este ao longo do día, podendo ser algo máis intensos, persistentes e con treboadas no litoral oriental do Cantábrico e norte de Navarra.
As nevadas aparecerán a partir de 800 a 1.000 metros en Pireneos aínda que ao longo do día a cota subirá a 900-1.200 metros; na cordilleira Cantábrica, subirá desde uns 1.000 metros ao principio ata os 1.400 metros ao final da xornada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.