Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 12:56
A choiva chegará a Galicia esta fin de semana, cunha fronte atlántica que se desprazará de oeste a leste da Península este venres e sábado. As precipitacións máis significativas limitaranse a Galicia e o cuadrante noroeste peninsular, segundo prognostica a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) que espera un descenso das temperaturas.
Así, o portavoz do AEMET indica que haberá ceos nubrados e nubes de evolución, aínda que as precipitacións serán débiles e dispersas en xeral, máis probables no terzo noroeste, e en forma de chuvascos no nordés peninsular. Estarán "desigualmente repartidas en amplas zonas da Península, pero sen acumulacións importantes", espera.
O sábado as precipitacións serán localmente persistentes no oeste de Galicia e poderán ser localmente intensas e acompañadas de treboadas no cuadrante nordés peninsular. Xa o domingo a nebulosidade irá diminuíndo e as precipitacións quedarán restrinxidas a zonas do extremo norte peninsular. As temperaturas o sábado baixarán notablemente e recuperaranse os valores normais para o mes de abril despois duns días con temperaturas altas para a época.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.