ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

14 MANIPULA

centremos, a este tipo o botan por insultar aos militantes do BNG a diario.

13 Oscar

bule bule; sinceiramente, espero que non sexa así.
Anque de momento, o tipo ese xa pasou polo BNG, i en cambio non pasou polo PSOE. ;-) Pero nada, ao final, a culpa dos probelmas do BNG a tén o PSOE, para variar.
Miguel mato fondo, tés toda a razón, o partido Meretz, de Israel, é un exemplo de pacifismo, pero o votan catro; iso sí, ese partido tamén é sionista, o sionismo non quere dicir antipalestinismo. Iso é o que confunde a dereita israelí, o sionismo orixinal é de esquerdas e pacifista, anque agora é minoritario. Desgraciadamente, a maioría de israelíes e a maioría de palestinos téñense unha grande rabia. A paz, a día de hoxe, parece difícil. Se ata os palestinos están ao borde do conflicto civil.

12 Esmendréllome

Algúns do Bloque están amormados e queren un pouco de marcha: facer un Auto de Fe contra un criptoxudeu. Como nos vellos tempos da Inquisición. De peniña, rapaces. Concordo con Mato Fondo.

11 miguel mato fondo

a cantante israelita Noa declarouse contraria á política do seu Estado e prodiálogo con Palestina. E os xudeus da esquerda? ou acaso non existen? e a quen chamou Arafat cando estivo cercado? a Simon Peres. En fin, non podemos acabar confundindo Israel co seu goberno, penso eu. Tamén nos van a reprimir por ser proEEUU? Ou sexa, é o mesmo amar EEUU por John Ford, Eastwood, o jazz, W. Allen,Poe, Melville ou J. Pollockl, que por ser da Asociación do Rifle. Todo dá o mesmo? Eu, sen a cultura ianqui, non sería nada. Son de Auden e non de Neira Vilas.

10 bule bule

Dentro de pouco, veremolo no PSOE. E se cadra, incluso de Conselleiro. Da o perfil. :D