Dúas novas mortes elevan a 4.128 os falecidos con covid en Galicia

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/04/2023 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Dúas novas mortes elevan a 4.128 os falecidos con covid en Galicia, segundo o último parte facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade con datos actualizados ás 18,00 horas do luns.

Estes últimos falecementos foron o 22 de abril, unha muller de 96 anos, na área sanitaria de Vigo, e outra o día 23, un home de 83 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.  Ambas as persoas tiñan patoloxías previas.

Mentres, o número de casos activos descende ao pasar dos 965 notificados o luns aos 959. Deles, 181 son da área da Coruña; 125 da de Lugo; 146 da Ourense; 103 da de Pontevedra; 163 da área de Vigo; 157 da de Santiago e 83 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 131 en unidades hospitalización, con 822 persoas no domicilio. Por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee están 28 en planta e tres en UCI e na de Ferrol, 14 e un, respectivamente.

Na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos son seis en planta e dous en coidados intensivos; na de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras son, á súa vez, 30 en planta e ningún en coidados intensivos e na de Pontevedra e O Salnés, tamén só en unidade de hospitalización convencional, 14. Nas áreas de Santiago e Vigo son, en cada caso, 21 e 18, sen pacientes en coidados intensivos.

Cribados. URV - Arquivo
Cribados. URV - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta