Adega anuncia unha "batería de denuncias xudiciais" contra os 75 parques eólicos aprobados pola Xunta

Nas próximas semanas iniciará unha nova campaña de recadación solidaria para facer fronte aos custos dos contenciosos

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2023 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Adega anuncia unha batería de recursos xudiciais contra os 75 proxectos eólicos aprobados este 25 de abril pola Xunta.  Uns proxectos no exentos de polémicas xa que, como sentenciou o TSXG, fixéronse con “molestos” trámites ambientais e reducindo ao mínimo a participación pública da cidadanía na avaliación dos proxectos eólicos.

Manifestación contra os masivos proxectos eólicos proxectados en Galicia
Manifestación contra os masivos proxectos eólicos proxectados en Galicia | Fonte: Adega

"Os 75 parques que a Xunta vén de autorizar sen unha axeitada avaliación ambiental e sen aval social, poñerán en risco territorios de enorme valor para preservar servizos ecosistémicos imprescindíbeis para afrontar os impactos da mudanza climática, destruirán a paisaxe e o patrimonio cultural e expulsarán ás persoas do rural", denuncia a entidade ecoloxista.

Por iso, anuncia que acudirá aos xulgados para recorrer aqueles proxectos eólicos autorizados pola Xunta e eventualmente tamén polo Estado, que teñan un impacto máis significativo sobre o patrimonio natural e cultural, nomeadamente os situados a carón da Rede Natura ou en espazos nos que estaba prevista a súa ampliación, oportunamente demorada polo PP.

Entre os primeiros proxectos que logo de aprobados serán obxecto de recurso contencioso-administrativo estarían aqueles situados en áreas ambientalmente sensíbeis, como as serras orientais dos Ancares e o Courel, o Macizo Central, o Suído, a Ribeira Sacra e aqueloutros con maior impacto sobre hábitats e especies protexidas, paisaxe ou patrimonio.

Para facer fronte aos custos derivados da presentación destes recursos así como á imposición de enventuais caucións económicas ou costas, ADEGA poñerá en marcha nestas próximas semanas unha nova campaña de recadación solidaria, tal como aconteceu cos contenciosos contra os tres parques da empresa da ex-conselleira Beatriz Mato, actualmente paralisados polo TSXG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta