O Concello de Pontevedra creará na cabeceira sur da Ponte do Burgo unha praza "de pedra e verde"

O anteproxecto da nova praza contempla un espazo de plataforma única e sen barreiras arquitectónicas e cunha pasarela transparente, que pasará por encima do patrimonio arqueolóxico situado nesta zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou este venres o anteproxecto de reforma para a cabeceira sur da Ponte do Burgo, que transformará este espazo nunha gran praza "de pedra e verde".

Lores recalcou que "a idea é aproximar o río á cidade", ademais de "mellorar a calidade urbana de todo este espazo" e a conexión da Ponte do Burgo con Pontevedra. Ademais, preténdese potenciar os restos arqueolóxicos da zona á vez que se mellora a accesibilidade e a seguridade viaria do Camiño Portugués a Santiago que transcorre por este enclave urbano.

O anteproxecto da nova praza contempla un espazo de plataforma única e sen barreiras arquitectónicas e cunha pasarela transparente, que pasará por encima do patrimonio arqueolóxico situado nesta zona.

Como resultado, Pontevedra gañará outra gran praza de pedra que contará con árbores e que funcionará como unha continuación da Ponte do Burgo e para gañar todo este espazo peonil eliminaranse dous carrís de circulación, un en cada sentido.

O alcalde tamén detallou que o anteproxecto contempla tamén a creación dunha rampla de acceso aos restos arqueolóxicos que funcionará como un pequeno auditorio onde a xente se poderá sentar.

Por último, Lores tamén informou que xunto a esta reforma tamén se está elaborando un proxecto de consolidación e posta en valor de todos os achados arqueolóxicos da zona, de mánoa da área de Patrimonio histórico, dirixida polo concelleiro Xaquín Moreda. A previsión orzamentaria para o proxecto é de 1.233.000 euros.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta