Tres persoas atendidas en Ourense logo de arder unha campá extractora

Os tres feridos foron evacuados polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUOU), por queimaduras e inhalación de fume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2023 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Tres persoas foron atendidas en Ourense despois de arder unha campá extractora por mor dunha pota que quedou ao lume, segundo informa o 112 Galicia.

Os tres feridos foron evacuados polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUOU), por queimaduras e inhalación de fume.

Unha das persoas afectadas foi quen, ao fío das dúas deste mediodía, contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Durante a comunicación mostraba estar moi nerviosa e indicaba que lle ardese a cociña, na rúa de Antonio Sáenz Díez, na cidade de Ourense. Aseguraba, ademais, que estaba ferida, que se queimou nun dedo e que a vivenda estaba chea de fume.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local e Nacional e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que, tras finalizar a extinción das chamas, procederon a ventilar a vivenda e o oco das escaleiras.

Así mesmo, sinalaron que a campá extractora ardeu por mor dunha pota que deixaron ao lume e como consecuencia, tres persoas resultaron afectadas e foron evacuadas polo persoal sanitario, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta