A Xunta pide ao Goberno central descontos para a Autopista Santiago-Dozón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Xunta instou ao Goberno a atender "o clamor social, empresional e institucional" que demanda a aplicación de bonificacións ás peaxes da AP-53, a autoestrada que une Santiago e Dozón (Pontevedra).

En declaracións aos medios este martes na Estrada (Pontevedra), a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, censurou a falta de "resposta" do Ministerio de Transportes á petición da Xunta, que cifra en 3,2 millóns de euros o que suporía sufragar as peaxes desta autoestrada se se segue un esquema similar ao dos descontos na AP-9.

A responsable do Goberno galego censurou que Transportes "non sabe" e "non responde" do mesmo xeito que, segundo Vázquez, actuou coa posta en circulación dos trens Avril ou a transferencia da titularidade da AP-9.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia / XUNTA / Europa Press
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento de Galicia / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta