Ione Belarra, Monedero ou Ángeles Rodríguez "Pam" visitarán Galicia ante os comicios do 28M

A líder de Podemos inicia a precampaña en Ourense este venres. Nesta cidade a candidatura de unidade está liderada por un integrante da formación morada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2023 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, recala este venres en Ourense no primeiro acto de precampaña no que a formación morada fai parada en Galicia. Estará acompañada do líder en Galicia, Borja San Ramón, e incluirá na súa axenda ademais dun paseo pola cidade das Burgas, un encontro con candidatos.

A cidade elixida pola líder da formación morada é un dos exemplos de concentración de candidaturas do espazo 'rupturista' e que, nesta ocasión, estará liderado por un candidato de Podemos, Toño Naval, e que aglutina ademais a Esquerda Unida, Alianza Verde (a escisión verde de Podemos), Ourense Mellor e Equo.

Así, Belarra ten previsto atender aos medios sobre as 11 horas e, posteriormente, dará un paseo desde a praza do Concello ata o Xardín do Posío. Logo xa a porta pechada, terá lugar o encontro cunha vintena de militantes.

Este primeiro acto de precampaña en Galicia será a primeira parada de cargos de Podemos nunha comunidade na que pon a proba a súa forza local tras gañar terreo no espazo das mareas municipais.

Ademais, segundo as fontes consultadas por Europa Press, durante a carreira cara ás urnas outros cargos de Podemos recalarán en Galicia, entre eles, a secretaria de Estado, Ángeles Rodríguez 'Pam', quen pecha simbólicamente a candidatura de Pontevedra e está previsto que participe no inicio da campaña.

Tamén se espera a visita de Juan Carlos Monedero, que no seu día apoiou ao candidato alternativo de Borja San Ramón ao posto de coordinador galego da formación pero que virá acompañar ao seu líder en actos de campaña. Tamén se espera a visita de Pablo Fernández (Castela e León) e o ex Jemad Julio Rodríguez.

A secretaria xeral de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra
A secretaria xeral de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra | Fonte: Fernando Sánchez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta