Un millon de euros de fondos Next Generation para o proxecto "Allariz destino sostible"

A alcaldesa, Cristina Cid, comunicoulle ao sector turístico e comercial de Allariz que o plan presentado á convocatoria do Ministerio recibiu a idoneidade.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 08/05/2023 | Actualizada ás 23:05

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz recibirá un millón de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destinos: “Allariz destino sostible”.

Representantes do Concello de Allariz e axentes turísticos. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Representantes do Concello de Allariz e axentes turísticos. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

O proxecto achegado polo concello inicialmente ascendía a 1.335 000 euros, polo que se remitiu novamente adaptando as actuación ás subvencións concedidas, un trámite que xa foi executado a semana pasada. A alcaldesa, Cristina Cid, sinalou que se trata dun proxecto vinculado sobre toda á sostibilidade turística de Allariz como destino sostible.

De todos os proxectos presentados, o proxecto de Allariz foi escollido entre os tres mellores, por parte da FEGAMP e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Por parte da Xunta de Galicia a puntuación foi menor, aínda que no computo total o proxecto acadou a idoneidade grazas as boas puntuacións acadadas polo plan nas outras dúas entidades.

O proxecto de Allariz foi escollido entre os tres mellores por parte da FEGAMP e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

PLAN DE SOSTIBILIDADE

O Plan de Sostibilidade consta de varios eixes como pode ser o de transición verde, eficiencia enerxética; sinalización intelixente para información a cidadanía; estratexia de transformación dixital para comercio e hostalería e plan de marketing dixital. Este último apartado de colaboración pública-privada obtivo unha moi boa valoración. O eixe de competitividade será xestionado dende unha oficina técnica.

Dentro deste plan vai tamén unha mellora de adecuación e accesibilidade da zona do Castelo, tamén se incluíu unha mellora dos elementos patrimoniais ao longo do Camiño de Santiago ao seu paso por Allariz, patrimonio etnográfico tales como fornos, lavadoiros, etc.

Crearase un parque de turismo activo no entorno do Camping, asi como un produto turístico gastronómico que enlazará coa rede de produtores locais, tamén se creará un observatorio turístico para analizar os datos para poder traballar segundo as análises que se obteñan. Para unha mobilidade máis sostible implantarase o metrominuto.

Cristina Cid puxo en valor a importancia deste plan para Allariz, un plan que permitirá mellorar a calidade de vida tanto para a poboación local como para os visitantes e turistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta