Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/05/2008 | Actualizada ás 00:47
As pizarreiras atópanse esparelladas por todos os montes do contorno e mesmo chegan xa a afectar ao macizo de Pena Trevinca que non ten ningunha protección especial; nin tan sequera é considerado parque natural. A zona concentra o maior número de pizarreiras de toda o pais tal e como asegura a propia Asociación Gallega de Pizarristas.
Non hai ningún tipo de control de verquidos nin do forte impacto ambiental que as pizarreiras están a provocar en todo o entorno, e iso, a pesar de que o Goberno central prometeu un paquete de axudas para tentar subsanar "un pouquiño" esta grave problemática.
Na Consellería de Medio Ambiente non saben ou non queren saber do asunto. "No coment". "É unha cuestión que hai que estudiar seriamente pero non hai ningún plan", apuntan. O propio conselleiro ten dito que non se pode entrar a saco con estas empresas porque, a pesar do dano ecolóxico, empregan a moita xente. Ese é o mesmo argumento que utilizan os gobernos locais da zona; canta máis pizarra, máis riqueza. Detrás atopase un importante holding empresarial, o das pizarras, con moita influencia nestas comarcas. Tamén haberá que pensar, como acontece noutros países civilizados de Europa, que o medio ambiente tamén é unha riqueza se se sabe explotar ben. Porque Galicia é unha das zonas que máis exporta pizarra ao exterior?, quizais porque en Francia ou en Alemaña a explotación deste producto ten unhas fortes restriccións legais, precisamente, polo impacto que causa no medio ambiente. Supoño que teremos que tomar boa nota. Animamos dende esta páxina a colectivos ecoloxistas e sociais, medios de comunicación e mesmo á propia administración a que denuncien esta situación para tentar poñer algo de orde neste sector e correxir canto antes o que se pode converter nun dos maiores desastres ecolóxicos de Galicia. Máis información e fotos aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.