STOP á destrucción do noso medio ambiente

Esta fin de semana estivemos no bosque máis antigo de Galicia, o Teixedal de Casaio nas saias de Pena Trevinca, e caiunos o alma o chan. Fálase moito da situación das canteiras de O Courel nunha paraxe fermosisima, pero tampouco hai que esquencer o penoso estado dos montes de Valdeorras e A Cabrera, onde se atopa o pico máis alto de Galicia, Pena Trevinca...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/05/2008 | Actualizada ás 00:47

Comparte esta noticia

None

As pizarreiras atópanse esparelladas por todos os montes do contorno e mesmo chegan xa a afectar ao macizo de Pena Trevinca que non ten ningunha protección especial; nin tan sequera é considerado parque natural. A zona concentra o maior número de pizarreiras de toda o pais tal e como asegura a propia Asociación Gallega de Pizarristas.

Non hai ningún tipo de control de verquidos nin do forte impacto ambiental que as pizarreiras están a provocar en todo o entorno, e iso, a pesar de que o Goberno central prometeu un paquete de axudas para tentar subsanar "un pouquiño" esta grave problemática.

Na Consellería de Medio Ambiente non saben ou non queren saber do asunto. "No coment". "É unha cuestión que hai que estudiar seriamente pero non hai ningún plan", apuntan. O propio conselleiro ten dito que non se pode entrar a saco con estas empresas porque, a pesar do dano ecolóxico, empregan a moita xente. Ese é o mesmo argumento que utilizan os gobernos locais da zona; canta máis pizarra, máis riqueza. Detrás atopase un importante holding empresarial, o das pizarras, con moita influencia nestas comarcas. Tamén haberá que pensar, como acontece noutros países civilizados de Europa, que o medio ambiente tamén é unha riqueza se se sabe explotar ben. Porque Galicia é unha das zonas que máis exporta pizarra ao exterior?, quizais porque en Francia ou en Alemaña a explotación deste producto ten unhas fortes restriccións legais, precisamente, polo impacto que causa no medio ambiente. Supoño que teremos que tomar boa nota. Animamos dende esta páxina a colectivos ecoloxistas e sociais, medios de comunicación e mesmo á propia administración a que denuncien esta situación para tentar poñer algo de orde neste sector e correxir canto antes o que se pode converter nun dos maiores desastres ecolóxicos de Galicia. Máis información e fotos aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 pedro blanco

Yo estuve allí hace dos semanas y tuve la misma sensación que vosotros. Es vergonzoso lo que están haciendo en aquel lugar especialmente para la gente que nos gusta disfrutar de la montaña y la naturaleza. Parece mentira que la administración permita este tipo de cosas. Pedro Blanco