Atropelo mortal na Pobra do Caramiñal

O home esta tirado "no medio do carril sen ningunha prenda reflectante".

Por Galicia Confidencial | A Pobra | 12/05/2023 | Actualizada ás 08:29

Comparte esta noticia

Un home morreu atropelado na madrugada deste venres na Pobra do Caramiñal. Segundo informa a Garda Civil, "atopabase tumbado no medio do carril sen ningunha prenda reflectante".

Axentes no lugar dun atropelo
Axentes no lugar dun atropelo | Fonte: GARDA CIVIL

O incidente tivo lugar ás 00.22 horas no quilómetro 30,500 da AC 305 que vai de Ribeira a Padrón. O 061-Urxencias Sanitarias mobilizou ata o lugar unha ambulancia de soporte vital básico con persoal de Atención Primaria. Con todo, só puideron confirmar o falecemento deste home de 50 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta