Galicia importa o 75% dos recursos enerxéticos, a pesar de ser a primeira autonomía en potencia eólica

O Consello Económico alerta sobre a dependencia enerxética de Galicia e pide coordinación ás administracións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Consello Económico e Social (CES) considera un "serio problema" a dependencia enerxética de Galicia, que importa o "75 por cento" dos recursos, e recalca a necesidade de facer unha programación coordinada entre as diferentes administracións que ostentan competencias nesta materia para potenciar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética.

Estas son algunhas das conclusións que recolle o informe 'O sector enerxético galego: presente e futuro' que analiza aspectos como as infraestruturas enerxéticas galegas, a demanda e os mercados, a evolución dos prezos, a política enerxética ou as perspectivas de futuro do sector.

Este documento foi elaborado a través dun convenio de colaboración entre o CES e a Universidade da Coruña (UDC) e presentado este luns no reitorado con presenza do presidente do citado consello, Agustín Hernández; o reitor da UDC, Julio Abalde, e o coordinador do estudo, o profesor da UDC Fernando de Llano Paz.

Agustín Fernández fixo fincapé en que "a humanidade debe de avanzar na busca dun desenvolvemento de novas fontes de enerxía, debe tentar alcanzar unha maior eficiencia enerxética e profundar na descolonización da economía".

Ao mesmo tempo, sinalou a importancia de "buscar un equilibrio entre asumir un impacto dunha determinada instalación e alcanzar o desenvolvemento dunha forma de enerxía máis eficaz, máis eficiente e de futuro". "Aínda que pensemos que Galicia ten moita dispoñibilidade de enerxía, cobre unicamente o 25 por cento da súa enerxía primaria con recursos propios", puntualizou.

No entanto, destacou que na produción concreta de enerxía eléctrica na comunidade "o peso da enerxía renovable nos últimos cinco anos estivo entre o 65 e o 70%". Neste sentido, del Lano Paz indicou que as emisións galegas "minoraron preto do 36% no últimos cinco anos".

DIÁLOGO

"Europa anima ao diálogo entre diferentes axentes para chegar a un consenso de compatibilidade de actividades", sinalou, para conseguir unha planificación que potencie as enerxías renovables e eficiencia enerxética. O coordinador incidiu, ademais, no que o estudo detectou a Galicia "como a primeira comunidade con densidade de potencia eólica instalada por quilómetro cadrado".

O reitor, pola súa banda, insistiu en que este informe é "imprescindible" para que as autoridades tomen as decisións "adecuadas" para organizar o sector enerxético que "neste momento" está a desenvolver "cambios moi radicais". "De como organicemos este sector vai depender o noso futuro como sociedade", indicou.

Enerxía renovable
Enerxía renovable | Fonte: ENDESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mi´má¡¡¡

O normal cando te vendes.... pero non hai problema que xa nas autonomingas o arreglan os gandeiros do rural que están fartos de eólicos¡¡¡ sacan 55 ¡¡¡¡ aburiño