Morre un home de 70 anos nun novo accidente de tractor

O incidente tivo lugar en Vedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Un home de 70 anos faleceu a consecuencia dun accidente sufrido co tractor que manexaba nunha leira situada en Tomonde, no municipio coruñés de Vedra. O sinistro tivo lugar minutos despois das 21,30 horas do luns na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, segundo trasladaron os servizos de emerxencia e a Garda Civil.

O home resultou esmagado contra un poste dunha viña pola roda do camión despois de baixarse del. Os primeiros indicios apuntan a que o falecido puido esquecerse de activar o freo de man da máquina. Ata o lugar mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, GES e Protección Civil da Estrada.

INCENDIO EN VEDRA

Minutos despois do suceso rexistrado en Santa Cruz de Ribadulla, os servizos de emerxencia atenderon outra incidencia no Concello de Vedra, onde se produciu un incendio nunha nave da rúa Argimiro González.

O aviso chegou á central de emerxencias ao redor das 22,00 horas e as chamas quedaron sufocadas unha hora despois grazas á intervención dos bombeiros de Ordes.

Centro de capacitación agraria de Sergude
Centro de capacitación agraria de Sergude | Fonte: ANA VARELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta