Piden seis anos de cárcere para un ourensán de 78 anos que abusou sexualmente dunha menor con discapacidade

O home realizáballe tocamentos e chegou a bicala na boca nalgunha ocasión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2023 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense acollerá o vindeiro mércores, día 31, o xuízo contra un home de 78 anos acusado de abusar sexualmente dunha menor con discapacidade.

Os feitos sucederon entre novembro de 2021 e marzo de 2022 no domicilio do acusado, de 78 anos nese momento, que, aproveitándose da minoría de idade e da minusvalía da vítima (cunha discapacidade do 46%), abusou sexualmente dela. Segundo recolle o escrito fiscal, o home realizáballe tocamentos e chegou a bicala na boca nalgunha ocasión. Por iso, o Ministerio Público reclama para el 6 anos de cárcere.

Ademais, a Fiscalía pide ao xuíz que se lle prohiba aproximarse á vítima a unha distancia de 100 metros e comunicarse con ela por calquera medio durante o tempo de 7 anos. En canto á responsabilidade civil, o acusado deberá indemnizar á vítima na cantidade de 3.000 euros polo dano moral causado.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta