En Ourense, co 85% escrutado, Jácome gaña as eleccións a pesar dos audios e críticas de todos os partidos

O PP quedaría como segunda forza, con sete concelleiros e o PSdeG, con seis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2023 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

En Ourense, co 85% escrutado, o partido máis votado nas eleccións municipais é Democracia Ourensana, polo que a formación de González Pérez Jácome gañaría ata tres concelleiros, ata un total de 10.

Pola súa banda, o PP quedaría como segunda forza, con sete concelleiros, do mesmo xeito que en 2019. O PSOE perdería tres concelleiros, ata o seis. Mentres que o BNG gañaría dous, ata catro. Cidadáns quedaría fóra do Concello.

Desta maneira, a suma dos partidos de esquerda non chegaría para gobernar, polo que sería necesario unha suma do tres partidos (PP, PSOE e BNG) para que Pérez Jácome non continúe de rexedor. En Ourense elíxense 27 concelleiros, de forma que a maioría absoluta está en 14 edís.

Resultados en Ourense no 28M
Resultados en Ourense no 28M

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta