Caifás, o PCE disque sacou moi mal resultado en 1977 por falar tanto do obreiro e tan pouco da República.
Hai moita xente que é republicana en toda España, pero non hai tantos que sexan de esquerda comunista ou poscomunista.
IU debería insistir máis na República e na ecoloxía, pois os obreiros, a día de hoxe, votan ao PSOE en Catalunya e Andalucía e cada vez máis ao PP en Madrid e Valencia, e ademáis a clase máis abundante hoxe non é a proletaria, senón as clases medias.
O de programa claro que é moi importante, pero non só para IU senón para calquera partido de esquerdas. Sabemos que os seus electores se absteñen máis fácilmente, e iso vése favorecido porque da a sensación de que os partidos de esquerda deixan moito nú solto: falar de seguridade, falar de inmigración, falar de España, é falar de votar á dereita.
A esquerda debera ter O SEU PROPIO PROGRAMA nestes asuntos. Non falo de xirar ao centro, moderarse, deixar caer que a dereita tiña a razón todo o tempo; senón facer un programa de esquerdas, propio da esquerda, pero sobre todo realista e crible.
Por exemplo, fronte á insistencia da dereita en dicir que a culpa do paro e da inseguridade a teñen os inmigrantes e o seu programa (man dura cós inmigrantes), a esquerda debera facer a súa análise e a súa propia solución adecuada para o seu electorado; na miña opinión, por exemplo, en España hai inmigrantes porque os especualdores, sobre todo de Madrid, Valencia e Murcia, precisaban man de obra barata e dócil, e a culpa do paro téñena os xogos aos que se dedican os especuladores, non os pobres africanos que só veñen a por un cacho de pan ao noso país. A inseguridade non é culpa dos inmigrantes que veñen a traballar (que fan delictos na mesma proporción que os españois) senón certas administracións que permitiron que se instalasen mafias por conveñenza económica e a policía por permanecer impasible ante todo. A solución é, polo tanto, fin da especulación, polas boas ou polas malas, sanción a gobernos coma o de Madrid (regularización de inmigrantes cún bonobús) e promesa de poñer á policía a traballar (que son moi fachendosos para o pouco que realmente traballan).