O Racing Club de Ferrol recibe os parabéns de Rueda polo seu ascenso a Segunda División

O titular do Goberno galego acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu a visita do equipo ferrolán na sede da Xuunta no compostelán Pazo de Raxoi.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou ao Racing Club de Ferrol polo seu ascenso á Segunda División de fútbol tras resultar campión do grupo 1 de Primeira RFEF.

O titular do Goberno galego acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu a visita do equipo ferrolán na sede da Xuunta no compostelán Pazo de Raxoi.

Rueda mostrou a súa satisfacción polo "merecido desembarco" do conxunto da cidade naval na segunda categoría do fútbol español, que supón "un orgullo para todos os galegos e galegas".

"Se somos unha potencia en tantas cousas, que se note que o somos tamén no fútbol", manifestou o mandatario autonómico, que recibiu unha camiseta do Racing serigrafiada co número '10' e o seu nome.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, pousan con camisetas do Racing de Ferrol tras o seu ascenso a Segunda División. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta