O 'Ártabro' localiza o que poderían ser os restos do 'Villa de Pitanxo'

Un robot submarino será o encargado de certificar se os restos metálicos correspondense con este barco ou outro.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/06/2023 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

O buque 'Ártabro', que se encarga da misión de procura, localización e inspección do pecio da 'Villa de Pitanxo', atopou a estrutura metálica dun barco na zona onde naufragou o pesqueiro galego, segundo informaron os familiares das vítimas.

Despois de saír de Vigo o pasado 17 de maio e comezar a operación de procura fai cinco días, o 'Ártabro' xa localizou o que podería ser os restos do Pitanxo, aínda que cabe esperar a que se inspeccione cun robot para confirmar a noticia.

Tal como indicou a portavoz das familias, María José de Pazo, trátase dun feito "positivo", aínda que non se confirmou que sexa o 'Villa de Pitanxo'. "Estamos esperanzados", subliñou, tras engadir que os familiares sempre reivindicaron que, coa tecnoloxía adecuada, poderíase atopar e inspeccionar o pecio.

Ela destacou que, de non ser o Pitanxo, o 'Artabro' continuará coa súa misión ata dar co pesqueiro naufragado en Terranova (Canadá) fai máis dun ano. O pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo' naufragou a 450 quilómetros da costa de Terranova en febreiro de 2022, acabando coa vida de 21 dos 24 mariñeiros a bordo. A partir de aí, as familias dos falecidos trataron de pescudar o que sucedeu polo que sempre pediron que se baixe ao pecio para buscar probas.

O buque de inspección do pecio da 'Vila de Pitanxo', o ?Artabro?, á súa saída do Porto de Vigo, a 17 de maio de 2023, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). O barco saíu do Porto de Vigo ao longo do día de hoxe co obxectivo de inspecci. Javier Vázquez - Europa Press
O buque de inspección do pecio da 'Vila de Pitanxo', o ?Artabro?, á súa saída do Porto de Vigo, a 17 de maio de 2023, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). O barco saíu do Porto de Vigo ao longo do día de hoxe co obxectivo de inspecci. Javier Vázquez - Europa Press | Fonte: Europa Press

CAUTELA

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, emprazou á información que facilite a Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) en relación á inspección do pecio. "Este traballo está a facelo o CIAIM, será o que informe", sinalou Besteiro, quen asegurou "está a desenvolverse de forma positiva a travesía e os traballos de procura". No entanto, evitou aludir a algún dato mentres non estea confirmado por parte deste organismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta