O Parlamento pide situar a Galicia como referente na loita biolóxica contra a psila africana dos cítricos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este venres por unanimidade a proposición non de lei do grupo popular na que se solicita á Xunta que impulse a Galicia como referente na loita biolóxica contra o Psílido Africano dos cítricos, en particular, e por extensión, como rexión produtora e comercializadora de axentes invertebradoS de control biolóxico en xeral.

"A Consellería de Medio Rural está a conseguir un éxito notable mediante a loita biolóxica contra esta praga de corentena e cada vez é máis difícil atopar puntos infectados por trioza, polo que estamos esperanzados en alcanzar a erradicación desta praga nos próximos dous anos", manifestou o deputado popular José Antonio Armada na Comisión 7ª do Parlamento.

Tal e como explicou, a psila africana dos cítricos ou Trioza erytreae é un insecto da superfamilia Psylloidea, á que pertencen diversas especies de psilas que succionan o zume das follas das plantas. En concreto, é un vector de transmisión dunha das bacterias que causan Huanglongbing (HLB), a enfermidade máis destrutiva de todas as patoloxías que poden afectar aos cítricos.

Armada lembrou que "Galicia declarou oficialmente a súa preesisntencia en 2015 e estableceu medidas urxentes de control nos concellos afectados". A partir de 2019, a Xunta procedeu á solta do insecto Tamarixia dryi, que parasita a psila africana, que se foi incrementando nos anos posteriores grazas a que se puxo en marcha un centro de cría en Maceda.

Ao longo deste ano continuouse coa produción e solta de individuos de tamarixia procedentes do centro de Maceda, chegando a liberar case 70.000 individuos en Galicia e cedendo outros 20.000 a Cantabria e Portugal.

PSDEG E BNG

Pola súa banda, a deputada socialista Carmen Rodríguez, aínda que confirmou o voto a favor do seu grupo, sinalou que a iniciativa non deixa de ser "autobombo, anuncios e propaganda" e que busca "tapar a chapuza" do Goberno galego.

Efectos da trioza nos cítricos galegos
Efectos da trioza nos cítricos galegos | Fonte: Phytoma

O nacionalista Xosé Luís Rivas expresouse en termos similares e tamén confirmou o sentido positivo do grupo do BNG, pero "iso non exime de levar desde 2015 dando paus de cego". "Resulta difícil de dixerir, a este respecto, que se poña a Galicia como referente da loita biolóxica ou como campo de ensaio", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta