Cal pode ser o uso da IA para detectar condutas suicidas en redes?

A enxeñeira galega Ana Freire abordará nunha conferencia esta probelmática.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A enxeñeira galega Ana Freire será a protagonista dun novo relatorio no 'Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos' (promovida pola Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Pontevedra) cunha charla este xoves ás 19,00 horas, en abordaraa o uso da Intelixencia Artificial para detectar condutas suicidas en redes sociais.

Ana Freire, profesora titular e vicedecana de Impacto Social e Innovación Académica da UPF Barcelona School of Management, da Universitat Pompeu Fabra, é a coordinadora do proxecto STOP (Suicide PrevenTion in social Platform), que analiza as redes sociais en busca de patróns asociados a diversas enfermidades mentais, prestando especial atención ao suicidio.

No marco deste proxecto, no que tamén participan universidades de Francia e Italia, os expertos estudan a expresión en redes sociais da depresión, as tendencias suicidas, e os trastornos de conduta alimentaria. "Mediante a análise do texto, imaxe e actividade, observamos factores que habitualmente o persoal especializado pregunta directamente aos seus pacientes: se teñen apoio social, a súa calidade do soño, posibles factores de risco...", explicou Ana Freire.

Estas características permiten a entrada de algoritmos de Intelixencia Artifical que se "adestran" para extraer patróns comúns en usuarios de alto risco. Esta información foi a base para lanzar campañas en Instagram e Facebook dirixidas a colectivos específicos, e conseguiuse "aumentar un 60 % o número de chamadas provenientes de redes sociais ao Teléfono de Prevención do Suicidio".

A enxeñeira galega Ana Freire, que lidera o proxecto STOP para a prevención do suicidio e outras condutas de risco a través da análise de redes sociais
A enxeñeira galega Ana Freire, que lidera o proxecto STOP para a prevención do suicidio e outras condutas de risco a través da análise de redes sociais | Fonte: REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta