Néstor Rego declara que será a militancia do BNG "quen decida" sobre a súa candidatura ao Congreso

Rego fixo estas manifestacións tras facer balance do traballo do BNG no últimos catro anos no Congreso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, manifestou, ao ser preguntado se repetirá como candidato á citada Cámara ou estaría disposto a facelo, que "será a militancia a que decida". Así se manifestou nunha comparecencia xunto á cabeza de lista do BNG nas eleccións municipais, Francisco Jorquera, para facer balance da actividade dos nacionalistas no Congreso relativas á cidade herculina e á comarca coruñesa.

Sobre a elección de candidaturas no BNG ante a convocatoria das eleccións xerais, dixo que neste partido son o resultado dun proceso "democrático". "Non hai autoproclamacións", expuxo ao referirse a outros partidos. Ademais, remitiuse ás asembleas comarcais que vai celebrar o BNG e a posterior aprobación de candidaturas no Consello Nacional.

INICIATIVAS NO CONGRESO

Rego fixo estas manifestacións tras facer balance do traballo do BNG no últimos catro anos no Congreso, "defendendo os intereses da cidade e da comarca da Coruña", afirmou ao referirse en concreto a estas.

Respecto diso, atribuíu á formación nacionalista a bonificación das peaxes da AP-9 para usuarios recorrentes, o dragado da ría do Burgo ou a conexión ferroviaria co porto exterior de Punta Langosteira, en Arteixo.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto ao edil Francisco Jorquera. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto ao edil Francisco Jorquera. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta