A maxia chega á todas as grandes cidades galegas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O festival de ilusionismo 'Galicia Ilusiona' percorrerá as sete cidades galegas en outubro, segundo informou este xoves en rolda de prensa a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto cos responsables polo festival, Dani Polo e Pedro Bugarín.

As cidades sedes e as datas do festival son: Lugo, en 6 de outubro; Ferrol, en 8 de outubro; Pontevedra, en 14 de outubro; Ourense, en 15 de outubro; A Coruña, en 20 de outubro; Santiago de Compostela, en 21 de outubro, e Vigo, en 22 de outubro.

Ademais, os organizadores informaron sobre unha novidade para este ano: o 'Teatro Itinerante', que segundo Pedro Bugarín é "o teatro máis pequeno do mundo", xa que está situado dentro dunha furgoneta. Segundo informou Bugarín, o 'Teatro Itinerante' vai facer " maxia durante todo o día nunha caravana que vai circulando nas zonas emblemáticas de toda cidade".

Pola súa banda, Dani Portela informou que "o elenco que temos este ano é totalmente diferente do que tivemos o ano pasado". De feito, este ano o elenco conta con Miguel Muñoz que gañou o 'Congreso Mundial de Maxia', celebrado fai catro anos e que é o principal galardón de ilusionismo do mundo.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na presentación da nova edicción de 'Galicia Ilusiona' cos responsables Pedro Bugarín e Dani Polo. CONCHI PAZ
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na presentación da nova edicción de 'Galicia Ilusiona' cos responsables Pedro Bugarín e Dani Polo. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta