Dez medallas para viños de Valdeorras nos 'Premios Baco'

Seis foron distinguidas cun 'Baco de Ouro', tres cun 'Baco de Prata', e co Gran Baco de Ouro foi recoñecido A Coroa Godello, da Adega A Coroa.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 12/06/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As bodegas do Consello Regulador da D.O. Valdeorras continúan sumando ao seu palmarés galardóns nas máis prestixiosas convocatorias de premios sectoriais do eido vinícola, tanto no ámbito nacional coma no internacional. Así, o xurado dos Premios Baco, organizados pola Unión Española de Catadores e que distinguen os mellores viños xóvenes de España, outorgou dez medallas a referencias do territorio protexido. Entre elas, destaca o Gran Baco de Ouro obtido por A Coroa Godello, da Adega A Coroa.

Cata dos Premios Baco. Foto: Prensa do CRDO Valdeorras.
Cata dos Premios Baco. Foto: Prensa do CRDO Valdeorras.

As seis referencias da D.O. Valdeorras foron distinguidas cun Baco de Ouro foron as seguintes:

  • Lagar do Cigur Godello da Adega Melillas e Fillos
  • Viñaredo Mencía de Bodegas Santa Marta
  • Viñaredo Godello de Bodegas Santa Marta
  • Quinta da Peza Godello de Quinta da Peza
  • Quinta da Peza Mencía de Quinta da Peza
  • Verdes Castros Godellos de Terriña

Por último, tres referencias valdeorresas obtiveron un Baco de Prata:

  • Cepado Godello da Adega Cepado
  • D´Berna Godello de Guitián y Blanco
  • Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo

Os galadróns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro é Bacos de Prata son outorgados por 50 xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron nunha estricta cata a cegas a totalidade dos viños participantes. “Trátase de medallas de indiscutible valor promocional para os mejores viños xóvenes de España e estamos encantados de que unha decena das nosas referencias xoguen nesta liga”, destacou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras ao respecto das distincións obtidas polos viños da comarca nesta convocatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta