O PSOE terá a Alcaldía de Bergondo tras un acordo de coalición con Alternativa dos Veciños

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/06/2023 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

A candidata socialista en Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e o candidato de Alternativa dos Veciños, Juan Fariña, selaron un pacto polo que este sábado no pleno de investidura constituirase unha maioría absoluta formada polos tres concelleiros de AV e os catro do PSOE.

Alejandra Pérez Máquez será investida como alcaldesa, Juan Fariña será o primeiro tenente de alcalde e AV asumirá tamén a terceira tenencia de alcaldía, mentres que o Partido Socialista terá a segunda e a cuarta tenencia de alcaldía.

As cabezas de lista das dúas agrupacións anuncian que a próxima semana detallarán a configuración do goberno e a repartición das diferentes áreas.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez,  asinan un convenio de colaboración. DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, asinan un convenio de colaboración. DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta