'O legado Indiano en Fene', gañador do I Concurso Audiovisual ANPAS Galegas - Somos Rural

Por Galicia Confidencial | Fene | 19/06/2023 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

O proxecto audiovisual “O Legado Indiano en Fene” do CEIP de Os Casais é o gañador do I Concurso Audiovisual ANPAS Galegas – Somos Rural.

Casa da Maleta, un dos grandes edificios indianos de Fene
Casa da Maleta, un dos grandes edificios indianos de Fene | Fonte: ANPAS Galegas

"Os proxectos presentados nesta primeira edición do concurso destacaron pola súa creatividade, investigación e valoración do patrimonio do seu ámbito rural", indica a entidade nun comunicado. O proxecto gañador destacou polo seu enfoque en coñecer colectivamente o legado indiano no concello de Fene, implicando a alumnado, a ANPA e o equipo docente.

O acto da entrega de premios terá lugar no centro educativo da equipa gañadora, o CEIP de Os Casais (Fene), o vindeiro luns 19 de xuño ás 17.00 h.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta