Ángeles Vázquez tras ser nomeada vicepresidenta da Xunta: "Podería ser calquera do equipo"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A recentemente nomeada vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez, afirmou que asume con "con orgullo pero tamén con moita responsabilidade" o cargo, posto que foi ela pero "podería ser calquera" do equipo de goberno.

Faino, segundo destacou este luns en declaracións aos xornalistas antes de participar nun acto en Santiago, "esperando poder sacar adiante todas as liñas estratéxicas que ten marcadas o presidente Rueda".

Dentro delas, apostou por "seguir profundando na planificación de Galicia" e "nese fermosismo con maiúsculas que supón poder ter unha gran calidade de vida tanto nos núcleos rurais como na contorna urbana, sen esquecer do que supón a protección do medio ambiente e por suposto ese turismo de calidade de carácter ambiental".

"Fun eu, podía ser calquera das persoas que conforman o equipo de goberno; teño que agradecerlle --ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda-- enormemente a confianza, pero a partir de aí o único que hai é traballo", subliñou.

Arquivo - Fotos Xunta/Medio Ambiente/Pleno. Xunta de Galicia - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Fotos Xunta/Medio Ambiente/Pleno. Xunta de Galicia - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta