Os traballadores das escolas infantís van á folga

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Os sindicatos CIG-Ensino, CC.OO., UGT, SNEPdeG e USO convocaron a empregados de escolas infantís e de xestión indirecta, de 0 a 3 anos, a unha folga o 29 de xuño para reclamar un convenio "digno" e salarios "xustos".

Previamente, este xoves, 22 de xuño, farán concentracións na Coruña e Vigo (Marco) a partir das 20,00 horas. Así mesmo, o 27 de xuño faranse accións de protesta nas escolas nas que os traballadores levarán carteis, camisetas e lemas reivindicativos. Ademais, o propio 29 de xuño haberá unha manifestación en Santiago, que sairá da Alameda e terminará ante a sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na Rúa do Vilar.

Con estas mobilizacións buscan responder as propostas que consideran insuficientes por parte da patronal na negociación do XIII convenio colectivo de centros de educación infantil. As negociacións do convenio, de ámbito estatal, iniciáronse fai máis dun ano sen que se avanzou polo "inmobilismo" das patronais, pois "non mostraron vontade de chegar a ningún acordo que permita ás traballadoras recuperar o poder adquisitivo perdido e obter uns salarios dignos e xustos", segundo informa a CIG nun comunicado.

Parque e zonas exteriores pertencentes a escolas infantís
Parque e zonas exteriores pertencentes a escolas infantís | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta