Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/03/2015 | Actualizada ás 15:01
Unha das principais singularidades que recolle o documento é un ámbito de solo urbanizable de nova creación, que permite a ampliación do polígono industrial de Trado.
O PXOM establece unha capacidade residencial total de case 800 vivendas, das que un 31% será de nova creación e tamén incrementa as previsións que marca a lei no relativo á dotación de espazos libres e zonas verde case un 18% do esixido. Situación similar á relativa ao equipamento comunitario que impón a normativa, xa que non só se supera senón que se multiplica por 13.
Desde o ano 2009, a Xunta leva asinadas 48 ordes de aprobación definitiva de Plans Xerais de Ordenación Municipal nos concellos galegos, delas, 22 foron na presente lexislatura. Na actualidade son 81 os concellos que contan cun planeamento adaptado, 28 pertencentes á provincia de Ourense, o que sitúa a esta provincia como a segunda en número de concellos que contan con PXOM aprobados e adaptados á lei vixente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.