Santiago reforzará con Policía Local as zonas con máis afluencia turística para evitar pintadas e condutas incívicas

Nos últimos días detectáronse varias condutas incívicas por parte de veciños e visitantes á cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Santiago ordenou á Policía Local que reforce a vixilancia durante os próximos meses, polo menos ata outubro, naquelas zonas con máis afluencia turística. Así o anunciou este luns a alcaldesa, Goretti Sanmartín, en declaracións aos medios despois da aparición de novas pintadas con xiz no centro histórico e da detección de condutas incívicas por parte dalgúns visitantes, como un picnic na Praza do Obradoiro que nos últimos días transcendía en redes sociais.

"Acabamos de dar instrucións para que a Policía Local faga un reforzo clarísimo nos próximos meses", confirmou a rexedora, para seguidamente pedir aos turistas e peregrinos que "cumpran" con "aquelas cuestións que son dun mínimo saber estar".

Aínda que Sanmartín entende que é "unha cuestión ocasional" e espera que "non se repita", si fixo un chamamento para que todas as persoas que visitan Santiago traian "un coñecemento de orixe" sobre o carácter histórico da cidade. Precisamente, sobre as pintadas, o Concello xa informou á administración competente en materia de Patrimonio. Os turistas, remachou a alcaldesa, "teñen que garantir non só o coidado do seu patrimonio, senón tamén cuestións como o dereito ao descanso dos veciños".

Catedral de Santiago, Praza do Obradoiro. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Catedral de Santiago, Praza do Obradoiro. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta