Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/06/2023 | Actualizada ás 16:39
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou a contratación, a través de procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de 84 vehículos de tecnoloxía híbrida conectable en dous lotes para avanzar na renovación do seu parque móbil.
Nun comunicado, a Xunta explica que o procedemento leva a cabo pola modalidade de compra directa cun orzamento de licitación de máis de 3,8 millóns, dos que 420.000 euros corresponden a fondos dos programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (Plan Moves III), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia da UE dos Next Generation.
De feito, subliña que os vehículos adquiridos adáptanse aos requisitos deste programa ao incentivar a mobilidade eléctrica e substituirán 84 vehículos de combustión con máis de 10 anos de antigüidade e/ou máis de 300.000 quilómetros.
Con esta finalidade, a Xunta está a dotarse nos últimos anos de vehículos con menor consumo de combustibles fósiles e con menor gasto de mantemento, con baixas emisións de gases e partículas contaminantes ou de emisións cero.
A Xunta lembra que o seu parque móbil conta actualmente con 358 vehículos en propiedade. O ano pasado renovouse boa parte coa adquisición de 191 na modalidade de leasing no marco do III Plan de Reestruturación do Parque Móbil, polo que con esta compra de 84 vehículos quedaría renovado o 76% da frota. Só quedarían pendentes de substitución para culminar o plan outros 83 vehículos de combustión de máis de sete anos que representan o 23% restante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.