Os cen aonos do Seminario de Estudos Galegos, condensados nunha exposición na Cidade da Cultura

Rueda percorre esta mostra sobre unha "semente frutífera" do autogoberno e que non tivo "suxeición a ningún movemento ideolóxico".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura inaugurou este martes a exposición 'Luz na Terra' dedicada ao centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG), un "dos grandes piares da cultura do momento e da futura".

Así o destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras unha visita realizada á mostra en compañía do seu comisario, o historiador Ramón Villares, e dunha ampla representación institucional como o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, entre outros.

A exposición, que segue o ronsel marcado por anteriores mostras dedicadas aos centenarios das Irmandades da Fala (1916) e a Xeración Nós (1921), estará dispoñible para o público xeral ás 15,00 horas deste martes e, a partir de mércores, abrirá no horario habitual do Museo Centro Gaiás.

O presidente da Xunta destacou o carácter didáctico desta mostra dedicada a unha institución "non do todo coñecida" dentro de Galicia, polo que confía en que tanto os galegos como os visitantes de fóra da Comunidade poidan ter unha aproximación "do que significou" e da importancia que "segue tendo a día de hoxe" o Seminario de Estudos Galegos para entender a cultura propia.

O SEG inaugurouse en 1923 a iniciativa dun grupo de estudantes universitarios en Santiago, moitos deles de primeiro curso, entre os que destacan recoñecidos intelectuais como Fermín Bouza Brey e Xosé Filgueira Valverde. Foi unha proposta xuvenil amparada pola universidade e que acabou por integrar, mesmo, a 'pais' da Xeración Nós como Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a exposición 'Luz na Terra', dedicada ao centenario do Seminario de Estudos Galegos, en compañía do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez,e do comisario, Ramón Villares.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a exposición 'Luz na Terra', dedicada ao centenario do Seminario de Estudos Galegos, en compañía do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez,e do comisario, Ramón Villares.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta