Persoal antincendios da Xunta recorre á valedora do Pobo para regular as súas condicións laborais

A CIG alerta do "caos" do operativo de 500 persoas no inicio da tempada de lumes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2023 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Traballadores do servizo de prevención de incendios (SPIF) e membros do sector de Autonómica da CIG presentaron unha queixa ante a valedora do Pobo para reclamar á Xunta un acordo marco que regule as súas condicións de traballo.

Así, a secretaria de CIG-Autonómica, Zeltia Burgos, avisou do "caos" existente no operativo de extinción de incendios a consecuencia da funcionarización de "ao redor de 500 traballadores sen regular antes as súas condicións laborais".

Denuncia que a Dirección Xeral de Defensa do Monte "está a cambiar fórmulas de traballo, protocolos e funcións do persoal mediante o envío de circulares". "Isto fai que a situación sexa insustentable, polo que vimos de demandarlle á defensora que inste a que haxa unha negociación e se paralice este 'ordeno e mando' da Consellaría", agrega.

Burgos explica que este recente proceso de funcionarización deixou aos traballadores afectados fóra do V Convenio Colectivo Único e o seu anexo de aplicación para o persoal do SPIF. "Esta falta de regulación de case a metade do servizo afecta por extensión ao resto dos 2.200 bombeiros/as forestais cos que comparten brigada, medios e traballo na extinción de incendios forestais, o que pon en risco de forma directa o servizo público e a saúde e seguridade do persoal".

De tal forma, a sindicalista da CIG adiverte de que esta situación está a dar lugar a que haxa brigadas "traballando con dúas persoas, sen que ningunha delas poida exercer a coordinación ou a xefatura desa brigada", de forma que algún xefe de brigada "tense que encargar doutro catro nun lume que non teñen" ese cargo.

Queixa ante a valedora de persoal antincendios e a CIG. CIG
Queixa ante a valedora de persoal antincendios e a CIG. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta