A CIG denuncia "continuos incumprimentos" no mantemento do Hospital de Conxo por parte de Ferrovial

Segundo informou o sindicato nun comunicado, "desde o inicio" da concesión "incumpriu coas súas obrigacións en materia salarial", nun primeiro momento "ao non abonar" o complemento de carreira profesional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2023 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A CIG denunciou a situación do servizo de mantemento do Hospital Provincial de Conxo, no que os traballadores "teñen que aguantar os continuos incumprimentos da normativa laboral por parte de Ferrovial".

Segundo informou o sindicato nun comunicado, "desde o inicio" da concesión "incumpriu coas súas obrigacións en materia salarial", nun primeiro momento "ao non abonar" o complemento de carreira profesional.

Este feito, segundo explicou o secretario comarcal da CIG de Compostela, Pepe Maio, "obrigou aos traballadores a ter que presentar demandas no xulgado reclamando ese dereito, tal e como se cara a ata a chegada desa empresa".

A continuación, lamentou que "recentemente tampouco abonou" a paga extraordinaria do verán "alegando problemas de xestión", algo que á CIG parécelle " inconcibible nunha empresa como Ferrovial".

Así, Maio explicou que o sindicado "puxo estes problemas" en coñecemento do Hospital en "varias ocasións" xa que eles entenden que son a responsables da área sanitaria "quen deben de preocuparse" de que as empresas concesionarias "cumpran os compromisos que adquiren".

"Pero por desgraza máis aló de boas palabras, os responsables do CHUS non actúan como deberían no control ás empresas concesionarias", lamentou Maio.

Por iso, a CIG advertiu que "de continuar os incumprimentos" iniciarán mobilizacións, polo que fai un chamamento tanto a Ferrovial como á dirección do CHUS para que "cesen de inmediato os incumprimentos".

Hospital provincial de Conxo
Hospital provincial de Conxo | Fonte: Sergas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta