Canto poden influír os alcaldes dun ou doutro signo nas eleccións xerais?

Sempre se dixo que as municipais nada teñen que ver cas xerais, que ao alcalde elíxese pola persoa, non pola cor do seu partido. Demostrouse neste 23X?

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 25/07/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo, cando era presidente da Xunta de Galicia, sempre dicía que os resultados das eleccións municipais son un mundo aparte, que nada teñen que ver cos das autonómicas e, moito menos, cos das municipais. Este mesmo luns foi o que tamén defendeu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen asegurou non estar preocupada polo resultado das autonómicas á vista do obtido nas xerais.

Abel Caballero, alcalde de Vigo, única das sete grandes cidades galegas onde o voto este 23X foi maioritariamente socialista
Abel Caballero, alcalde de Vigo, única das sete grandes cidades galegas onde o voto este 23X foi maioritariamente socialista | Fonte: Carlos Luján

E é que nos concellos galegos vótase pola persoa. A xente coñece de primeira man aos candidatos e sabe ben quen quere que sexa o seu alcalde ou a súa alcaldesa. Máis alá de programas políticos, de propaganda e de mítines, o voto en non poucas ocasións xa está decantado polo nome do candidato. Mentres que nas xerais a cousa é ben distinta: cunha distancia abisal entre os aspirantes á Moncloa e os votantes, só queda confiar en que o prometido nos amplos programas electorais se cumpra

Por todo isto, o mapa galego tínguese de cores distintas se miramos as votacións das xerais e as das municipais. Por todos é xa sabido que o PP arrasou como forza máis votada en todos os concellos agás en quince onde o PSOE se aferra con forza. Pero, en cales deses concellos que votaron ao PP hai un alcalde socialista? Queres sabelo? Sigue lendo.

Na provincia da Coruña, nada menos que 31 municipios con alcaldes socialistas se decantaron nas xerais polo PP: Camariñas, Vimianzo, Muxía, Dumbría, Cee, Carnota, Negreira, Santa Comba, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Padrón, Dodro, Boiro, A Coruña, Culleredo, Cerceda, Mesía, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Ares, Neda, Monfero, As Pontes de García Rodríguez, Valdoviño, Cedeira e Sobrado.

Na de Pontevedra, foron algúns menos os que a pesares de estar gobernados polo PSOE apoiaron a Feijóo, un total de 14: Cambados, Meis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Cuntis, Forcarei, Silleda, Rodeiro, Ponte Caldelas, Vilaboa, Nigrán, Gondomar, Tui e A Cañiza.

En Lugo deuse esta situación en 21 concellos: Viveiro, Ourol, Burela, Foz, Xermade, Lourenzá, Trabada, A Pontenova, Vilalba, Guitiriz, Lugo, Castroverde, Pol, Meira, Navia de Suarna, Cervantes, Láncara, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, Taboada e Antas de Ulla.

Xa na provincia de Ourense, Feijóo rascou a maioría de votos nos 17 concellos socialistas de: Melón, O Carballiño, Maside, Amoeiro, Coles, Barbadás, Taboadela, Rairiz de Veiga, Verín, Castrelo do Val, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Manzaneda, Petín, Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.

ALCALDE SOCIALISTA, VOTO A SÁNCHEZ EN 2019 E CAMBIO DE OPINIÓN EN 2023

O máis preocupante da cuestión non é, por tanto, que haxa concellos dun signo político cuxos habitantes rematen por votar ao contrario cando se producen as eleccións xerais. O máis preocupante para Sánchez deberían ser aqueles concellos nos que tendo alcaldes socialistas no pasado 2019 tamén estiveron convencidos de votar ao PSOE e neste 2023 cambiaron de opinión.

Deuse este caso nos municipios coruñeses de Valdoviño, que tendo hoxe por hoxe goberno local socialista deu nos pasados comicios o seu apoio a Sánchez; Neda, Dumbría, Ares, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, A Coruña, Culleredo, Cee, Ames, Camariñas, Vimianzo, Muxía e Carnota.

Tamén nos pontevedreses Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Cuntis, Vilaboa, Nigrán e Gondomar; nos lucenses Ourol, Viveiro, Foz, Alfoz, Monforte de Lemos, Castroverde, Lugo e Navia de Suarna; e nos ourensáns Amoeiro, Petín, Coles, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Castrelo do Val e A Pobra de Trives.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 María F.

Que gañe o PP é certo de facto, pero con moi pouco trasfondo. Vox é marxinal en Galicia. O PP leva o saco da dereita. Os votantes de esquerda reparten hacia tres partidos . Habería que contrastar se en moitos deses concellos gañou o bloque progresista.

1 Gamela

Bastará con ir picando no mapa para comprobar a desolación do chamado "voto progresista" en Galicia // https://resultados.generales23j.es/... // Claro que tamén temos un fenómemo altamente democrático que son os 48 Partidos sen representación parlamentaria en todo o territorio español que se levan a cifra de 599.112 votos (dende PACMA a Frente Obreiro) Será que temos un exceso de alternativas ? Será que esto de votar non serve de gran cousa ? Será...