O papel de Esther Cid

Hai poucas veces nas que se pode ver ao presidente da Xunta disfrutar, coma calquera veciño, das rúas e do tempo de Santiago. Onte foi un deses días...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/06/2008 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

None

Quen coñece ao xefe do Executivo Galego asegura que Esther Cid é un dos seus principais soportes e con ela consulta moitas das decisións importantes do seu goberno. Precisamente, foi o propio Touriño quen quixo que a súa muller teña un papel relevante na vida pública e que o acompañe ós principais actos que desempeña coma presidente, sexan ceas, galas ou viaxes ao exterior.

Dende a Xunta aseguran que o modelo que Touriño lle quere imprimir a vida pública é completamente diferente ao de Fraga. O ex mandatario galego era un home hiperactivo que, segundo ten declarado en público, non quería mesturar "o traballo coa familia". De feito, era moi raro ver a Fraga en compaña da súa muller durante os actos oficiais. "O máis lóxico é amosar aos galegos que o seu presidente é coma eles, que ten unha muller e unha familia, como calquera galego máis", apuntan dende o Executivo galego para defender a presencia de Cid nos actos institucionais da Xunta.

Non opina o mesmo a oposición. Os populares xe teñen criticado no Parlamento o "protagonismo da primeira dama". Cren que darlle relevancia distorsiona o papel do presidente e comparan o que acontece no goberno galego co de España, onde a muller de Zapatero, din, está sempre nun segundo plano e mesmo evita os actos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

22 anónimo

o virrei d´ourense está a punto de finiquitar a súa dinastía. tranquilos que o vicequin vai a deixalo en mero afeizoadiño no asunto do enchufismo. ¿cantos cargos politicos, concellais incluídos, están contratados xa nas empresiñas "publicas" montadas nas conselharías do bloqueciu? ... bufffff ... tranquis que xa irán saíndo datos ....

21 Cacique

¡VIVAN OS CACIQUES GALEGOS!. Xa decía un sabio galego -Cacharro Pardo- que si non nos ouvera habería que inventalos.
Tomaron boa nota Touriño e Quin, si señor.

20 Oscar

En Ourense provincia, polo menos, o peso da Administración é excesivo; creo que ningún economista, por moi socialista que fose, che diría o contrario; e dígoo sendo eu socialista e ourensán de nacemento.
O dos dereitos constitucionais a min tamén me entristece, pero máis ca que o faga un goberno entristéceme que a xente aínda por riba confíe máis nese goberno que nos traballadores. Pero é un feito que as sociedades europeas estánse a dereitizar, hai vinte anos se os gobernantes de calquera partido fixeran algo así, terían ao día seguinte unha manifestación montada e apoiada por varios sindicatos; hai vinte anos, a culpa do paro a tiñan os gobernos e non os inmigrantes, e cousas así...

19 anónimo

amigo oscar, o asunto do baltarismo xa o coñecemos todos de sobra. o indignante é a deriva neoliberal do bipartito nalgunhas cuestións importantes. ¿qué pretenden? que volva aixiña o ppdga?

respecto da tua opinión de que o peso do publico en galicia é excesivo, pois que queres que che diga: penso que estás errado. cando teña tempo tentarei documentar polo miudo esta cuestión para rebatircha con datos contrastados.

e que opinas da vulneracion reiterada de dereitos constitucionais? a que coincides conmigo en que se o fixera o pp subiríamos polas paredes? pois a min doeme moito máis que esas cousas ocorran con gobernos progresistas ... saúdos.

18 Oscar

Incrible a de enchufismo e, caciquismo dos gobernos do PP; que o goberno bipartito, que é de esquerdas, no canto de darlle máis peso ao Público, quítalle peso, porque realmente o público en Galiza tén un peso excesivo. Véxase o chiringuito que aínda temos coa Deputación de Ourense.