Coñece o 'Xálima', un dos territorios irredentos da Galicia histórica

O vídeo, de 30 minutos de duración, pode verse na canle de Youtube de RadioFusión Emisoras.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/07/2023 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

'Xálima' é un documental de RadioFusión emisoras, qque conta coa realización da cooperativa Xarda, e que pretende achegar a poboación á terra da Fala. A terra da Fala é un “pequeno país” ao noroeste de Extremadura

Val do Xálima
Val do Xálima | Fonte: wikipedia

 

No século XII, unha colonización de galegos chegados a Extremadura se asentou na esquina máis noroccidental desta comunidade, a menos de 10 km de Portugal. Dise que, dese fito histórico, naceu a Fala, unha lingua que a día de hoxe segue a ser obxecto de estudo e que só permanece en tres vilas da zona: Valverdi du Fresnu, San Martiño de Trebello e As Ellas -coñecidas como os Tres Lugaris-. Estas tres vilas atópanse dentro do val coñecido como o Val do Xálima.

 

Co documental, os creadores pretenden achegarse a esta terra desde as testemuñas dos seus habitantes. Deste xeito, nesta peza, converxen todo tipo de voces que fan un mapa da vida nesta val. A lingüista Tamara Flores ou políticos locais como Antonio Bellanco ou Diego Moreno, intercalan a súa visión coa de persoas propietarias de comercios ou veciñas dos Tres Lugaris.

 

Ademais destacan que en 'Xálima', non só se quere falar da existencia dunha lingua única -irmá da nosa propia, o galego- senón que tamén se busca presentar esta terra fronteiriza coas súas virtudes e cos problemas aos que se enfronta a día de hoxe. 

 

Para as persoas que non coñecen o Val do Xálima e a Fala, este pequeno documental é unha forma perfecta de achegarse ata el e coñecelo. Para as que si sabenda existencia deste, 'Xálima' ten a peculiaridade de só falar con persoas nativas dos Tres Lugaris, o que nos plasma a realidade desde unha óptica máis próxima.

 

O vídeo, de 30 minutos de duración, pode verse na canle de Youtube de RadioFusión Emisoras e conta co apoio de Onda ODS e o financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta