Expediente sancionador para o Reggaeton Beach Festival, que chega esta finde a Nigrán, por prohibir acceder con comida e bebida

O Ministerio de Consumo incoou por primeira vez un expediente sancionador a unha empresa organizadora de eventos e festivais en diversas partes de España por incluír como cláusula obrigatoria a prohibición expresa de entrada ao recinto do festival con comida ou bebida do exterior, impor cargos para recuperar o importe da pulseira cashless ou cobrar polo reacceso.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/08/2023 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia