A coreógrafa cubana Kirenia Martínez, nova directora do festival compostelán 'Escenas do cambio'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura designou á coreógrafa e mediadora cultural Kirenia Martínez (Cuba, 1980) como nova directora artística de 'Escenas do cambio', o festival de teatro, danza e arte en acción que ten lugar na Cidade da Cultura e que o próximo ano celebrará a súa décima edición.

Con máis de 20 anos de experiencia, 19 deles residindo en Galicia, e unha longa traxectoria artística, a tamén bailarina e fundadora de Kirenia Danza substitúe a Lola Correa, a quen a Consellería de Cultura agradece o seu importante labor á fronte deste festival.

Ao longo do seu tres edicións como directora artística -tomando a substitución a Pablo Fidalgo-, Correa destacou pola aposta pola escena contemporánea galega, por fomentar a creación coa estrea de pezas producidas ad hoc para o festival e pola comprensión da arquitectura do Gaiás, con propostas itinerantes deseñadas pensando en aproveitar todas as posibilidades dos singulares espazos da Cidade da Cultura.

Kirenia Martínez é unha bailarina, coreógrafa e mediadora cultural nada en Cuba, que conta cunha extensa traxectoria en varios países, apunta a Xunta. As súas creacións foron presentadas en Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Brasil ou Inglaterra.

A nova directora de Escenas do cambio, Kirenia Martínez co Director Xeral de Cultura Anxo Lorenzo e a Xerente da Cidade da Cultura Ana Isabel Vázquez. Rocío Cibes 28/07/23. ASPERXO CIBES / Europa Press
A nova directora de Escenas do cambio, Kirenia Martínez co Director Xeral de Cultura Anxo Lorenzo e a Xerente da Cidade da Cultura Ana Isabel Vázquez. Rocío Cibes 28/07/23. ASPERXO CIBES / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta