Por GcToday | Galiza | 27/04/2015 | Actualizada ás 12:16
Androide de Buck Rogers portando o tradutor automático da Voz
O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na actualidade e a decisión sairá dunha votación do plenario da academia. Segundo fontes próximas á academia o equilibrio de poder que existe dentro da RAG posibilitará a elección do tradutor automático do xornal La Voz de Galicia.
Alonso Montero, presidente da RAG, xa avanzou que o tradutor da Voz ‘ten escrito máis que calquera dos ocupantes actuais das cadeiras. Que fai chafalladas? Claro. Pero quen non?’, declarou.
Pola súa banda Santiago Rey, presidente da corporación Voz de Galicia SA, amosouse moi satisfeito pola nova e xa preguntou cal era o soldo e as dietas por ter unha cadeira na RAG e xa indicou que eses cartiños ao non ser dunha persoa física senón do tradutor automático do seu xornal deberan ser ingresados directamente nas contas da Voz de Galicia. ‘La vida está muy malita y con la miseria que nos paga Feijoo no nos da para vivir. Toda ayuda es buena’, indicou.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, deu o seu visto bo á proposta e declarou que o recoñecemento era moi merecido dado que ‘nunca nadie había hecho tanto por nuestro idioma’.
Representantes de AGAL, preguntados por este medio, non puideron facer declaracións debido a un ataque de risa que aínda non rematara na hora de peche da edición desta nova.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.