Alertan que o castiñeiro pode desaparecer da Galicia Atlántica

Unións Agrarias insta á Xunta a poñer en marcha un gran plan contra o 'chancro do castiñeiro'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Unións Agrarias advertiu este venres, a través dun comunicado, da extensión do 'chancro do castiñeiro', unha enfermidade producida polo fungo 'cryphonectria parasitica', pola Galicia atlántica, reclamando a posta en marcha de "accións integradas que eviten o agravamento do impacto actual desta doenza".

A través da súa asociación sectorial forestal Asefoga, a organización insta á Xunta a "estender a campaña de vacinación impulsada en Lugo e Ourense a unha área na que a produción madeireira está a se ver seriamente ameazada por unha enfermidade que podería supor a práctica desaparición das plantacións de castiñeiro" da franxa costeira das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, así como doutras comarcas máis interiores como Santiago, Ordes ou Melide.

Con iso, reclama a activación dun plan que permita aplicar os tratamentos contra o 'chancro do castiñeiro' na totalidade das zonas afectadas. Esta patoloxía, precisaron, trátase con vacinas hipovirulentas da propia enfermidade e, de feito, xa se desenvolveron tratamentos efectivos na Estación Fitopatológica de Areeiro.

Castiñeiro incorporado ao catálogo de árbores singulares. XUNTA
Castiñeiro incorporado ao catálogo de árbores singulares. XUNTA

Fronte á produción de castaña, un sector na que xa se estendeu a vacina, os castiñeiros da franxa atlántica están máis orientados ao aproveitamento de madeira, informa Unións Agrarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta